Animación de texto

Especifica a configuración da animación de texto do efecto na caixa de diálogo Opcións de efecto.

Caixa de diálogo Animación do texto

Agrupar texto

Especifica como se animan varios parágrafos:

Automaticamente despois

Ao seleccionar «Agrupar texto - Por parágrafos do primeiro nivel», os parágrafos anímanse un após outro.

Introduza un atraso adicional en segundos para animal os parágrafos seguintes.

Animar a forma anexada

Desmarque esta opción para animar só o texto, non a forma.

En orde inversa

Anima os parágrafos na orde inversa.