Texto en columnas

Abre a caixa de diálogo Texto para columnas, na que se pode introducir a configuración para expandir o contido das celas seleccionadas a varias celas.

Para acceder a esta orde...

From the menu bar:

Escolla Datos - Texto a columnas.

From the tabbed interface:

Escolla Datos - Texto a columnas.

No menú Datos da lapela Datos, escolla Texto a columnas.

From toolbars:

Icona Texto a columnas

Texto a columnas


Para expandir o contido da cela a varias celas

Pode expandir celas que conteñan valores separados por vírgulas (CSV) a varias celas da mesma fila.

Por exemplo, a cela A1 contén os valores separados por vírgulas 1,2,3,4 e a cela A2 contén o texto A,B,C,D.

  1. Seleccione a cela ou celas que desexa expandir.

  2. Escolla Datos - Texto a columnas

    Ve a caixa de diálogo Texto para columnas.

  3. Seleccione as opcións de separador. A visualización mostra como se transformará o contido da cela actual en varias celas.

Pode seleccionar unha largura fixa e premer na regra da visualización para definir as posicións de quebra das celas.

Pode seleccionar ou introducir caracteres de separador para definir as posicións dos puntos de quebra. Os caracteres de separador retíranse do contido das celas resultantes.

No exemplo selecciónase a vírgula como carácter delimitador. As celas A1 e A2 vanse expandir a catro columnas cada unha. A1 contén 1, B1 contén 2, etc.