Axuda do LibreOffice 25.2
Especifica a configuración da animación de texto do efecto na caixa de diálogo Opcións de efecto.
Especifica como se animan varios parágrafos:
Como un obxecto - Todos os parágrafos anímanse como un obxecto.
Todos os parágrafos á vez - Todos os parágrafos anímanse dunha soa vez, mais poden ter efectos diferentes.
Polos parágrafos de 1º nivel - Os parágrafos do primeiro nivel, inclusive os subparágrafos, anímanse un despois do outro.
Ao seleccionar «Agrupar texto - Por parágrafos do primeiro nivel», os parágrafos anímanse un após outro.
Introduza un atraso adicional en segundos para animal os parágrafos seguintes.
Desmarque esta opción para animar só o texto, non a forma.
Anima os parágrafos na orde inversa.